lunes, 5 de junio de 2023

 ALUMNAS E PROFESORADO PROCEDENTES DE ALENÇON VISITAN O IES FREI MARTIN SARMIENTO


Un total de 3 alumnas realizaron as prácticas en varias empresas de Pontevedra durante o 13 e o 31 de marzo de 2023. 


Teresa Filgueiras, Leticia Caamaño e María Jesús Rodríguez, da asesoría Maruxía asesores acolleron á alumna Tina De Cecco. Durante tres semanas esta alumnna se integrou nesta asesoría fiscal, laboral, contable e administrativa. Aquí realizou diversas tarefas como planificacións fiscais e asistencia aos contribuíntes, sendo unha integrante máis do equipo. 




Pola súa banda Juan José López Peña, director da residencia de maiores de Campolongo, acolleu a Eloise Marchand e a Élisabeth Kerambellec, ambas estudantes de CAE. 

A súa experiencia no coidado das persoas maiores non puido ser máis gratificante. Grazas polo acollemento e por formar parte da súa formación!






En canto ao profesorado, Philippe Herrouin estivo realizando un Job Shadowing no centro na semana del 13 al 17 de marzo. Durante estes días visitou diversos talleres e aulas como o de CAE ou o de Estética, da man das nosas compañeiras Mercedes Maquierira Iglesias, Sabela Souto Illobre e Alicia Fontán Soto.





 


Por último, foron as profesoras normandas Cécilia Coubrun e Véronique Douaire as que nos visitaron entre o 29 e o 30 de marzo. Entre outros , Jose Antonio Ferreiro, o noso compañeiro de mecanizado, foi o encargado de amosarlles os traballos realizados no taller.





Moitas grazas a todos os que contribuíron a que esta magnífica experiencia fose posible!


No hay comentarios:

Publicar un comentario